Dream Team
O Dream Team (do inglés: equipo dos soños) foi o alcume da selección nacional de baloncesto de Estados Unidos que gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona contra Croacia. O novo regulamento permitiu a atletas profesionais competir nos Xogos Olímpicos por primeira vez, así a selección de baloncesto estadounidense podería estar formada por primeira vez tódalas estrelas da NBA. O Dream Team clasificárase para os Xogos tras conseguir unha marca de 6-0 no Torneo Masculino das Américas de Portland 1992.[1]
Barcelona 1992
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xogos Olímpicos de 1992.
O Dream Team a medalla de ouro tras vencer de forma moi clara a todos os seus opoñentes (por unha media de 40 puntos en cada partido), conseguindo unha marca de 8-0. A final foi contra Croacia, gañando o equipo estadounidense por 117 a 85. Os membros deste equipo foron:
- Charles Barkley de Phoenix Suns
- Larry Bird de Boston Celtics
- Clyde Drexler de Portland Trail Blazers
- Patrick Ewing de New York Knicks
- Magic Johnson de Los Angeles Lakers
- Michael Jordan de Chicago Bulls
- Christian Laettner da Universidade de Duke
- Karl Malone de Utah Jazz
- Chris Mullin de Golden State Warriors
- Scottie Pippen de Chicago Bulls
- David Robinson de San Antonio Spurs
- John Stockton de Utah Jazz
- Adestrador: Chuck Daly de New Jersey Nets
Hakeem Olajuwon non puido ir por problemas de nacionalidade, cousa que arranxaron para os seguintes xogos. Shaquille O'Neal era o xogador de universidade favorito para ser incluído no equipo mais finalmente elixiron a Laettner. Moita xente especulou que se puido deber a querer incluír máis xogadores de raza branca nun equipo formado case exclusivamente por afroamericanos. Do mesmo xeito que Hakeem, Shaq foi aos seguintes xogos olímpicos.
Despois de Barcelona 1992
[editar | editar a fonte]A partir dese momento os posteriores equipos olímpicos de baloncesto norteamericanos foron formados na súa maioría por xogadores destacados da NBA, aínda que nunca de tanto nivel como esta primeira vez. Nos Xogos Olímpicos de 1996 e 2000, os Dream Teams II e III conseguiron tamén a medalla de ouro. Con todo, o Dream Team IV fixo un mal papel nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, perdendo tres partidos e conformándose cunha medalla de bronce. Isto representa máis derrotas nun só ano que nos 68 anteriores xuntos. Tamén foi a primeira vez desde que se permitiu a participación de profesionais da NBA que o equipo de baloncesto dos Estados Unidos regresou sen a medalla de ouro.